Ruxe Ruxe sacará novo disco en febreiro

Ruxe Ruxe vén de anunciar a publicación do seu novo EP para 10 do vindeiro mes, cun concerto de presentación o día 14 na Sala Capitol (Compostela).
Foto promocional da banda Ruxe Ruxe
photo_camera Foto promocional da banda Ruxe Ruxe

Ruxe Ruxe entra en 2020 anunciando novo disco. O estraño falar dun monstro da aldea verá a luz o vindeiro 10 de febreiro, composto por 13 cortes que virán acompañados de cadanseu vídeo que, segundo indica o grupo, irán adiantando até o día do lanzamento oficial.

O primeiro, "Sae o sol", xa pode verse na súa canle de Youtube. Ademais, a sexta feira 14 de febreiro os históricos do "rock do país" estrearán as novas cancións na Sala Capitol (Compostela).

O traballo foi gravado nos estudos Gárate por Kaki Arkarazo, quen traballou con Negu Gorriak ou Kortatu. Esté será o 12 LP dunha banda que, con 23 anos ás costas, é sen dúbida referente da música na nosa lingua.

Comentarios