O “Roteiro Vivo Bolanhês” atravesará os espazos composteláns de Vidal Bolaño

A biografía de Roberto Vidal Bolaño transcorre arredor de Compostela e, polos espazos que marcaron a súa traxectoria dirixirase hoxe día 31 de xullo unha comitiva conducida por Roi Vidal e Paco Macías. O “Roteiro Vivo Bolanhês” é iniciativa da Gentalha do Pichel. 

O biógrafo e fillo do protagonista mais o editor da súa obra completa serán os guieiros de excepción  a través do “Roteiro Vivo Bolanhês” polas rúas, bares e recantos que forman parte da  biografía de Roberto Vidal Bolaño. 

A saída está marcada para esta cuarta feira 31 de xullo ás 20 horas no centro infantil Semente, na rúa Salvadas do barrio de Vista Alegre que está na orixe da vida do máis relevante nome do noso teatro contemporáneo. A partir de aí, Roi Vidal máis Paco Macías conducirán ás persoas que queiran participar da iniciativa polos lugares que aínda lembran a figura longa, coroada con chapeu as máis das veces e co pito ladeado na boca. A convocatoria vén da agrupación cultural compostelá A Gentalha do Pichel. 

Comentarios