Rosalía Fernández Rial e Márcia gañan o ‘aRi[t]mar’ de poesía

Os poemas "A reflexión”, da artista multidisciplinar galega, e "O verão sabe-me bem", da compositora e música portuguesa Márcia resultaron escollidos en votación popular aberta.
arritmar rosario marcia
photo_camera Rosalía e Márcia.

A Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela acabou de fechar o proceso de votación dos poemas finalistas do certame ‘aRi[t]mar ’Galiza e Portugal’, onde as gañadoras foron a artista multidisciplinar galega Rosalía Fernández Rial, polo poema "A reflexión" (Árbores no deserto, Galaxia, 2020), e a compositora e música portuguesa Márcia, por "O verão sabe-me bem" (As estradas são para ir, Editorial Planeta, 2020).
 
As seguintes clasificadas foron Francisco Fernández Naval (Galiza) por "Dixeches", e Alexandra Santos (Portugal), por "As letras do teu nome" e, en terceiro lugar, Arancha Nogueira (Galiza), por "#love" e Samuel F. Pimenta (Portugal) con "Foz".
 
Os poemas foron escollidos por votación popular on line aberta a todo o público galego e portugués e a participación superou todos os rexistros anteriores, resultando a máis alta das 6 edicións e de todas as modalidades, superáronse os 10 mil votos.
 
aRi[t]mar Galiza e Portugal é un proxecto didáctico-cultural, desenvolvido inicialmente pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, pertencente á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, que ten por obxectivo divulgarmos a música e a poesía galego-portuguesas actuais, e achegarmos a cultura e a lingua dos dous países, no marco do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía. 
   
Esta iniciativa fai parte da Rede da GaliLusofonia, "com os objetivos de juntar esforços, coordenar-se e cooperar na difusão de iniciativas encaminhadas a fomentar a nossa língua e cultura comuns no seu espaço natural, a Lusofonia, com grande potencial noutros campos como o económico e o institucional".

A reflexión
Detrás do espello
todas eramos a mesma muller,
núa, 
interrogativa,
reclamándolle respostas
á realidade.
Ninguén vai chamar por nós?
Ninguén ─silencio ─.
Porque sodes a mesma muller sen rostro,
sen nome.
E se nos creamos?
Que cada unha
se debuxe da forma que queira.
E foi así como demos a luz
os nosos lenzos,
soñando pincel,
imaxinando cores, 
a grande escala.
Foi así como
comezamos a parirnos...
Ata nacer
entre os marcos ceibes 
da fantasía feminina. 
Así hoxe vexo,
nos seus ollos,
que o teu retrato
son eu.

Rosalía Fernández Rial, Árbores no deserto, Galaxia, 2020
 
 
 

O verão sabe-me bem.
Gosto do calor que entra, d
a face quando fica iluminada
gosto de ter luz nos olhos e gosto de ficar parada. 
 
Quando o sono não vem,
e aquelas noites não se arrefecem,
é com o verão que sonho. 
  Aquieta-me, o quente. 
  Nem preciso falar. 
 
Basta ficar a olhar
a linha torta dos montes com o calor dos horizontes
para tudo se endireitar. 

 
 Márcia. As estradas são para ir. Editorial Planeta, 2020.
 

Comentarios