"Rosalía, estranxeira na súa patria", oferta especial na loxa de 'Sermos' na semana das nosas Letras

Desde este 17 de Maio e até o vindeiro domingo, a loxa de Sermos Galiza disponibiliza o libro Rosalía, estranxeira na súa patria, de Francisco Rodríguez, nunha oferta que inclúe o documentario Canto de permanencia, sobre Uxío Novoneyra


A escritora revolucionaria, independente, feminista, nacionalista e culta, afastada da etiqueda da choromiqueira que lle colgan nas escolas. Esa é a imaxe da poeta de Padrón que o investigador Francisco Rodríguez (Ferrol, 1945) presenta na súa obra Rosalía, estranxeira na súa patria, publicada case 23 anos despois da súa tese de doutoramento ao redor da figura da autora de 'Cantares Gallegos', a primeira dedicada a ela que se presentou nunha universidade galega, en 1987, e que obtivo a cualificación máxima dun tribunal examinador que presidía Carvalho Calero. 

Este 17 de Maio os 'Cantares Gallegos' fan 150 anos e para o celebrar Sermos Galiza pon á venda na súa loxa o libro de Rodríguez, editado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, nunha oferta especial que inclúe, por 25€, o DVD Canto de Permanencia, un documentario ao redor da obra de Uxío Novoneyra. A oferta fica limitada aos 25 primeiros pedidos e remata o vindeiro domingo, 19 de maio. Se no momento da súa publicación a obra de Rodríguez Sánchez significou un salto cualitativo no coñecemento da vida e obra da nosa poeta nacional, aínda hoxe racha tabús e continua de actualidade.

Comentarios