CULTURA

O Rosalía acolle este domingo na Coruña o XIII Ciclo Coros Galegos

QUE FACER?

O Rosalía acolle este domingo na Coruña o XIII Ciclo Coros Galegos

cantigas
photo_camera Cantigas da Terra, nun concerto

O Pranto da Frouxeira. Galiza entre a historia e o mito. Carballo. Pazo da Cultura. Sexta feira. 21 horas.

 

O grupo de música antiga 1500 presenta o seu máis recente proxecto, O Mariscal, unha peza que se move arredor do mito e a realidade de Pardo de Cela, da Galiza do XIV e da revolución Irmandiña. Unha obra que combina a narración de feitos históricos coa música dos séculos XIV e XV, nun evento que se sitúa ademais no marco do centenario das Irmandades da Fala. 

Voadora. Pontevedra. Teatro Principal. Sexta feira. 00.00 h

 

Dentro dos ‘Venres golfos’ propoñen Calypso, un retorno ao teatro máis contemporáneo, unha montaxe sobre o mito de Sísifo. 

III Xornada do Rural Pousa Antelo. A Baña. Local Social de Corneira. Sábado. De 10 a 20 h.

 

Un encontro para dialogar, compartir experiencias, ideas e proxectos que procuran impulsar o rural galego. O programa inclúe charlas sobre o cooperativismo e os sistemas silvopastorais con razas autóctonas; unha mesa redonda sobre a muller no rural; e un coloquio sobre os incendios forestais en Galiza. Organizada pola Asociación Cultural Afonso Eanes, a asistencia é libre.

A Xanela do Maxín. Compostela. Fundación SGAE. Sábado. 18 h.

 

Dirixida a un público familiar, A pequena Lúa é unha obra de teatro protagonizada por un gato viaxeiro, poeta e bohemio que coñece a gatiña Lúa para vivir novas aventuras.

Un vermú por Vindel. Vigo. Espazo Lector Nobel. Sábado. 12 h.

 

Sábados de conversas nas librarías arredor do Pergamiño Vindel, e desta volta con Marina Arbor como experta e a libreira Maribel Ferreiro como anfitrioa.

XIII Ciclo Coros Galegos. A Coruña. Teatro Rosalía de Castro. Domingo. 11.30 h

 

Nesta última sesión do Ciclo contarás coas actuacións de Cantigas e Agarimos, Os Enxebres de Cacheiras e Cántigas da Terra. 

Festival das cóxegas. Pontevedra. Pazo da Cultura. Domingo. 18.30  h

 

Con 'Zaquizamí' de Cía. Roberto G. Alonso, un espectáculo de danza sobre diversidade e solidariedade recomendado a un público familiar partir de tres anos.

XII Bienal de Pintura Eixo Atlántico 2017-2018. O Barco de Valdeorras. Sala de exposicións da Praza do Príncipe. Até 27 de novembro.

 

A exposición itinerante está composta por perto dunha trintena de obras realizadas por artistas galegas e portuguesas para promover o intercambio cultural. 

Alén dos xéneros. Compostela. Auditorio de Galiza. Até 30 de novembro.

Alén dos xéneros é unha mostra colectiva que pretende dar a coñecer diferentes traballos artísticos relacionados co feminismo e o concepto de xénero.

comentarios