'Romaria Pequeninha' da Semente Trasancos

A IV Romaria Pequeninha da Semente Trasancos terá lugar este domingo 25 con actividades para todas as idades a partir das 12:30 no campeiro e no local veciñal de San Mateo, Narón.

Imaxe 3
photo_camera Imaxe da Semente Trasancos

A Romaria Pequeninha naceu como punto de encontro e este domingo celebrarase unha nova edición. Haberá actividades durante todo o día e para todas as idades, desde teatro de monicreques, xogos populares, sesión vermú coa coral polifónica do Aturuxo de Melpómene até xogos populares ou circo. O espazo escollido para esta edición son os arredores de onde as crianzas da Semente aprenden durante todo o ano: o campo das festas e o local social da parroquia de San Mateo.

A Semente Trasancos quere celebrar así un novo ano de vida desta escola en galego e que o ano que vén contará con 21 nenos e nenas. Con este de Ferrolterra son xa cinco os centros de ensino con esta pedagoxía transformadora e igualitaria, xunto con Compostela, Vigo, Lugo e Ourense.

Comentarios