martes 14.07.2020
Cultura

Rodrigo Romaní e Bea Martínez presentan 'Illas', un álbum do confinamento

Dúas arpas unidas na distancia
Bea Martínez e Rodrigo Romaní tocando xuntas.
Bea Martínez e Rodrigo Romaní tocando xuntas.

O encerro por mor da alerta sanitaria foi especialmente produtivo para algunhas. As intérpretes Bea Martínez e Rodrigo Romaní presentan Illas, un traballo elaborado desde a óptica senlleira do período de confinamento. O álbum supón  unha reflexión instrumental baseada nos sons combinados de dúas arpas célticas, como a expresión de dúas illas unidas na distancia pola música e a inspiración nunha linguaxe común, entendendo a melodía como un exercicio de enriquecemento contrapuntístico e harmónico sinxelo na súa sensación sonora, se ben complexo na execución.

As intérpretes

Rodrigo Romaní é músico, intérprete e compositor ben coñecido por introducir o uso da arpa céltica no Estado a través do seu labor como membro fundador do grupo Milladoiro e, posteriormente, dos seus álbums en solitario, ou coa creación da primeira orquestra folk europea: SonDeSeu.

Bea Martínez é unha arpista consagrada na música galega, coñecida polo grupo Ghaveta e a participación co propio Romaní a dúo e a trío nos festivais mais importantes de Europa.

comentarios