A Roda, Amigos do Camiño de Santiago, Pilar Cernuda, ‘Súper Piñeiro’ e Ana Peleteiro, Medallas Castelao 2020

Entregaranse o 28 de xuño.

Ana Peleteiro nos Mundiais de Atletismo de Londres 2017. 
(Foto: Arquivo)
photo_camera Ana Peleteiro.

O grupo musical A Roda, a asociación de Amigos do Camiño de Santiago, a deportista Ana peleteiro e os xornalistas Xosé M Piñeiro, ‘Super Piñeiro’, e Pilar Cernuda, son as Medallas Castelao 2020. O presidente Núñez Feixoo vén de anunciar os nomes ao finalizar o Consello da Xunta. Os galardóns entregaranse o vindeiro 28 de xuño.

A Roda é un dos nomes míticos da música tradicional galega, con case 5 décadas de historia ao lombo. naceron a mediados dos 70 en Vigo, cun grupo de amigos que cantaban polas tabernas. Eles popularizaron cancións tradicionais como 'O gato', ou 'Pousa, pousa'.

Pilar García-Cernuda, nada en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1948, é unha xornalista que fixo a súa carreira profesional en Madrid, nomeadamente na crbertura de información política e da casa real española.

Xosé Manuel Piñeiro Borrajo, máis coñecido como Piñeiro ou Superpiñeiro, nado en Allariz en 1957, é un presentador de televisión galega. El foi rostro e alma de programas míticos da TVG como  ‘Supermartes’.

Ana Peleteiro, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta, especialista en triplo salto.

(En ampliación)

Comentarios