O 3 e o 4 de agosto

O Rock in Cambre e a historia do rock galego

O Rock in Cambre deste ano é un catálogo da historia do rock galego. O 3 e o 4 de agosto pasarán polo seu escenario algúns dos seus referentes prinicipais: Radio Océano, Heredeiros da Crus, Siniestro Total e Os Resentidos. Farano acompañados de varios nomes internacionais nunha cita que atinxe a súa edición número 27.
 

Os Resentidos
photo_camera Os Resentidos nunha imaxe de 2016. Foto: cedida.

A sexta feira 3 de agosto, o post punk ferroviario de Radio Océano, o popularísimo hard rock de Heredeiros da Crus e mais os Siniestro encherán a noite. Canda eles, Marky Ramone, batería dos Ramones entre 1978 e 1983 e entre 1987 e 1996. The North Grooves, Destemplados e Sin City Devils conforman a letra pequena da xornada.

Ao día seguinte, sábado 4 de agosto, a cota histórica galega cubrirana Os Resentidos. Con eles estarán os valencioanos Stratos-VLC, que facturan musculoso blues rock, o trash metal dos albaceteños Angelus Apatrida -a concesión aos sons máis extremos- e outro anaco de historia, desta volta historia do combat rock europeo: os italianos Banda Bassotti.

Ronin, Westsocks e Coyote completan o cartaz de Rock in Cambre, un festival veterano e cuxas orixes se remontan, en realidade, ao ano 1982 e a La Sociedad, de Cecebre, cando alí tocaron TNT, Ozono, Degenerador, Revólver ou Thor.

Comentarios