BYE BYE HONEY FUSIONA ESTILOS HOXE NA CORUñA

Rock and roll e teatro son un

Bye Bye Honey "Lumpen, pachanga e rock´n roll",  da compañía Obras Públicas, regresou a escea após de dous anos e múltiples premios da crítica da escea galega. A fin de semana pasad estiveron en Santiago de Compostela e hoxe, sexta feira, estarán no teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Rock and roll e teatro en acción. Foto: Bye Bye Honey
photo_camera Rock and roll e teatro en acción. Foto: Bye Bye Honey

Imaxinemos un concerto cunha historia intrínseca. Imaxinemos que podemos ser flaneurs dentro dos ensaios ou o back stage. Estar dentro da trama, mais sen influir nela. Imaxinemos que a música vai máis alá das notas. Imaxinemos, senón, que os protagonistas dunha obra, poñen eles mesmo a banda sonora. Imaxinemos que as persoas non teñen barreiras, que non se moven en compartimentos estancos. Bye Bye Honey é unha obra que leva isto último a cabo. Desfai as fronteiras que asumimos como propias do teatro e xunta a actores e musicos nun escenario para contarnos unha historia.

Bye Bye Honey desfai as fronteiras que asumimos como propias do teatro e xunta a actores e musicos nun escenario para contarnos unha historia

Esta obra, con texto de José Prieto e música de Carlos Mosquera une disciplinas ao tempo que conta unha historia sitúada en Ferrolterra nos anos 80, no Ferrol post industrial, en plena reconversión. Unha rapaza no seo dunha familia desestruturada. Marta medra rodeada de alcolismo e drogadición e decide deixar a súa casa. Emprende camiño e vese inmersa nun mundo de homes absolutamente machista, adentrándose nun camiño perigoso no que vai salvando obstáculos.

Sen escenografía, sen descansos e sen moverse do escenario

Sen escenografía, sen descansos e sen moverse do escenario. A actriz Iolanda Muiños; Os actores, César Goldi e Carlos Mosquera e os músicos Ramón Orencio, Chechu Mosquera e Fran Facal permanecen expostos ao público durante a totalidade da obra. Todo se ve. Todo se sabe. Prevalece a actuación e a mestura coa música coa que vai da man, para que os espectadores se enfrasquen nunha historia tan realista como cruda.

Comentarios