Cultura

Rocío Leira gaña o XXII certame de Narración Curta Ánxel Fole

O xurado destacou a orixinalidade das voces narrativas
A gañadora do premio, Rocío Leira.
photo_camera A gañadora do premio, Rocío Leira.

A Deputación de Lugo, a través da responsábel de Cultura, Maite Ferreiro, deu a coñecer o resultado da XXII edición do Certame de Narración Curta Ánxel Fole.

A gañadora é Afogada, de Rocío Leira, escollida polo xurado formado por Ánxela Gracián, Manuel Bragado Rodríguez e Xosé Antonio Neira Cruz (gañador da pasada edición).

As tres destacaron "a calidade das voces narrativas presentadas e a orixinalidade e dificultade da estrutura proposta pola autora”. Xerais publicará a novela, da que quixo salientar "a súa excelencia" como obra de intriga, en canto á estrutura formal, o uso da multiperspectiva, a diversidade de tipoloxía textual e a polifonía de voces narradoras. Rocío Leira recibirá tamén un premio de 4.000 euros.

Comentarios