ROCK E OUTRAS LERIAS

Rocanrolando o Nadal

Chega o derradeiro mes do ano e non hai roqueiro, por moi duro que sexa, que poida fuxir do nadal. O noso crítico, Isidro Rajo, ofrécenos dez propostas alonxadas das tradicionais panxoliñas. 

Alice
photo_camera Alice

Ben sexa porque gusten estas datas, ben sexan porque non se aturen, os roqueiros tamén voltan a casa polo nadal e como non podería ser doutro xeito, traen a súa música con eles. Velaí unha pequena escolma de 10 temas que non poden deixar de soar estas datas

The Ramones - Merry Christmas (I Don't Want To Fight Tonight) 

Un clásico dos Ramones, editado no seu disco Brain Drain de 1989. Até os punks nestas datas desexan un bo nada, e din que no queren pelexar esta noite. 

The Pogues con Kirsty MacColl - Fairytale Of New York 

E nestas datas, é imprescindíbel que soe este tema dos Pogues, editado en 1989 no que fora o seu terceiro álbum “If I Should Fall from Grace with God “.  O dueto que fai Shane coa malograda Kristy MacColl fan deste tema unha verdadeira obra mestra. 

Twisted Sister- Heavy Metal Christmas 

Estes hitóricos do Glam Metal, non puideron fuxir das redes do nadal, e editaron en 2006 “A Twisted Christmas”, un álbum repleto de versións metaleiras  de panxoliñas clásicas. Este Heavy Metal Christmas é unha versión irreverente do clásico “12 days of christmas”, con adicatoria a Ozzy Osbourne incluída.

Gary Glitter - Another Rock 'n' Roll Christmas 

Gary Glitter rebentaba as listas en 1984 con este tema que lle volveu a dar o éxito que non tiña dende os 70 e que non volvería a recuperar outra vez. Existe unha versión deste tema gravada por Paul Di'Anno, quen fora primeiro vocalista de Iron Maiden que tamén é moi recomendábel.

Alice Cooper Santa Claus is Coming to Town
Non podía faltar na nosa mesa mesa de nadal Alice Cooper, lembrándonos que Santa Claus está de novo de volta na cidade. Esta versión da clásica panxoliña foi editada no 2008 no recompilatorio “We wish you a metal Xmas”

Soziedad Alkoholika - Feliz Falsedad 

Non todo é paz amor e bos desexos. Neste tema, un dos máis coñecidos dos S.A., lémbranos  falsidade e o consumismo que rodea ao nadal. 
 

Ska-P - Villancico

No disco “Eurosis” de 1998, os vallecanos incluían esta panxoliña contra o nadal. Como di a letra “Un negocio millonario coa fe dos cristiáns”. Verdades cantadas a ritmo de Ska para non esquecer cal é a realidade que nos rodea. 
 


King Diamond – No Presents for Christmas

Tras deixar Mercyful Fate, King Diamond debutaba en solitaria con este “No Presents for Christmas”. Satanismo e terror conceptual son as características do músico dinamarqués que se encarga de por un toque escuro na nosa mesa de nadal.

Venom - Black Xmas

E se falamos de satanismo e black metal temos que falar de Venom, que contan como o Príncipe das Tebras volvera polo nadal cando a neve sexa negra. Este Black Xmas, era o tema de apertura do seu disco de 1987 “Calm Before the Storm”.

Ronnie James Dio - God rest ye merry gentlemen 

Non podía deixar fora da selección a Dio, unha das mellores voces do metal de tódolos tempos, Este tema, igual que o de Alice Cooper, foi gravado para o álbum “We wish you a metal Xmas”.  Unha  pequena xoia coa rematar esta pequena escolma.
 

Como se soe dicir, estas son só dez, pero hai moitas máis. Que teñades unhas moi roqueiras festas.

Comentarios