Se o primeiro adianto puña o mel nos beizos e convidaba a apuntar o Revenidas na axenda como unha cita imperdíbel este verán, as últimas confirmacións non son para menos. De maneira que collan a caneta e bordeen en vermello o 21, 22 e 23 de agosto.
Soja, a banda de reggae de referencia internacional, afincada nos EUA, será un dos pratos fortes desta nova edición pois unicamente darán dous concertos no conxunto do Estado español e un será no Revenidas.
Por se fose pouco, os irlandeses The Mahones levarán ao Parque de Dona Concha o seu punk-rock nun cartaz que se completa co hip-hop de Los Chikos del Maíz como unha das edicións máis cobizosas do Revenidas.
Que cal será a orde? Apunten, apunten.
A sexta feira 21 de agosto actuarán La Raíz, Banda Bassotti, Zoo, Nao, Dakidarría e Liska. O sábado 22 será a quenda de The Mahones, Familia Caamagno, Terbutalina, Spin Te Kú, Leo i Arremecaghona e Kasernarat. E o domingo para alén da sesión vermout a conta de Swindigentes e Blues do País, á noite fecharán SOJA e Los Chikos del Maíz.
A organización disponibilizou a venda on-line de bonos através do seu portal web e unha información completa para non se perder nada durante tres días de festa.