Rescatan os secretos de San Romao de Moreda

Segredos de Pantón investiga a orixe e historia dun antigo priorado ou granxa bieita na parroquia pantonesa de Moreda,. Completa o traballo cunha reconstrución en 3D de como foi o edificio no seu momento de máximo esplendor.

segredos pantón

Segredos de Pantón continúa a furar na historia do seu concello e comarca. Nesta ocasión, en torno ao priorado beneditino de San Romao de Moreda. “Tratábase dun priorado ou granxa dependente do mosteiro de Samos. En 1175, o papa Alexandre III, por medio dunha bula, pon baixo a súa proteción a abadía de Samos e as súas posesións, entre as que figura a igrexa de San Romao de Moreda ", indican desde este colectivo. Logo en diversos anos farase mención deste cenobio por terras nas súas lindes, en 1239, 1332, 1345, 1391, 1393, 1425 e 1653.


En 1917 o arqueólogo Ángel del Castillo no Boletín da Real Academia Galega, fixo unha descrición polo miúdo sobre esta edificación. O que lle serviu a Segredos de Pantón para facer unha recreación en 3D.

Comentarios