Rematan os traballos no castro de Santa María, Cervantes

O xacemento foi declarado BIC o pasado ano e acaba de ser obxecto dunha intervención arqueolóxica.
castro de Santa María, Cervantes
photo_camera Castro de Santa María do Castro (Cervantes).

No mes de outubro de 2018, a Asociación de Nais e Pais de Alumnas do CPI de Cervantes e o Colectivo Patrimonio dos Ancares solicitaban ante a Xunta da Galiza a declaración como Ben de Interese Cultural para o xacemento de Santa María do Castro, en Cervantes. Transcorrido un ano, no pasado mes de outubro, atendendo á súa petición, os restos acadaron a categoría de BIC.

Na visita que o ano pasado fixeron ao asentamento o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e os arqueólogos da Dirección Xeral do Patrimonio, falouse de realizar unha intervención arqueolóxica para poñelo en valor, traballo que vén de concluír.

"Consolidáronse todas as estruturas habitacionais, os fogares, unhas tumbas baixomedievais, reconstruíuse un muro que viñera abaixo, que fecha o adro-cemiterio onde se levanta a igrexa; ademais de acometer a limpeza de todo o xacemento", explican con satisfacción desde o Colectivo Patrimonio dos Ancares e a Anpa do CPI de Cervantes, gabando o bo facer de Terra Arqueos, a empresa responsábel. 

Con todo, lembran a existencia de máis de 1.200 castros nas comarcas do norte oriental do país, dos que só tres teñen a consideración de BIC.

"Estamos seguros de que con este novo impulso vaise converter nunha referencia obrigada", aseguran.

"Só pedimos que se garden unhas elementais medidas para que se conserve tal como agora o podemos ver: non remover as pedras, non tirar lixo, non pisar sobre os muros e deixar o coche no aparcadoiro", declaran.

Nas próximas semanas, a raíz dunha proposta no órgano da Reserva dos Ancares Lucenses, a Deputación de Lugo vai colocar uns sinais de dirección cara 

Comentarios