Xurxo Souto culmina a súa ruta "VigoCoruñenta", coa que presenta o libro A gran travesía de Chiruca Macallás. Para abrir boca, a sexta feira estará na Asociación Veciñal do Casco Vello do Berbés, ás 19 horas.
O día seguinte no mesón Chicote (O Muro), ás 12 horas, o autor convidará a Guiso de Choupas ás lectoras, cunha sesión de "Cantos de traballo das mulleres do mar" co Coro Boghino de Caión. Ás 18 horas desa xornada a festa trasládase á Mariña, na Sacabeira de Sargadelos (Cervo).