Apresentación do último libro de Ramón Varela Puñal

As relacións entre o cristianismo e a ciencia, a debate en Compostela

A libraría Couceiro acollerá esta cuarta feira en Compostela (19.15 horas) a apresentación do último libro do filósofo Ramón Varela Puñal, O cristianismo contra a ciência. No acto participará o doutor en Filosofía e Teoloxía Victorino Pérez Prieto.

Ramón Varela Puñal. Filósofo. Autor de "O cristianismo contra a ciencia"
photo_camera Ramón Varela Puñal, fotografado na redacción de Sermos.

O cristianismo contra a ciência é o primeiro volume dunha triloxía coa que Ramón Varela Puñal, colaborador da sección de opinión de Sermos, se propón historiar a relación sempre conflituosa entre a fe relixiosa e a razón. A presenza no acto desta cuarta feira de Victorino Pérez Prieto, un teólogo e filósofo que se insire nas correntes progresistas -e nacionalistas- do cristianismo galego, garante un interesante debate sobre esta cuestión.


Na apresentación de O cristianismo contra a ciência tomarán tamén a palabra o escritor Pablo Villaverde Pérez e o xornalista e director do dixital Sermos GalizaXosé Mexuto.

Comentarios