Reixa anuncia novo poemario

Titúlase 'Algo Raro Pasa Raro' e publicarase en edición bilingüe. Estará nas librarías o vindeiro 20 de novembro. 

12-Os-Resentidos-Antón-Reixa
photo_camera Antón Reixa

Con prólogo do escritor  Agustín F. Mallo, esta obra editada por La Oficina  inclúe ilustracións do  pintor Juan Ugalde e unha edición dixital interactiva con música, voz e vídeo, ademáis de texto.

Algo Raro Pasa Raro publícase en edición bilingüe (galego/español), como xa ocorrera con Escarnio (disco-libro) e Leccións de Cousas. Reixa nas presentacións recitará tamén textos deste anterior libro que inicialmente fora o catálogo dunha exposición de vídeo-instalación, pero que conta cunha edición autónoma.
 
O 20 de novembro chegará ás librerías este novo título, e Reixa realizará unha xira de presentacións e recitais por todo o Estado en colaboración coa FNAC. En Galiza será na Coruña, onde será presentado polo analista político Antón Losada, no Casino de Santiago e en Librouro de Vigo. 

Seguindo coa sua incansable actividade, Reixa ensaia un novo disco coa sua banda de hai 30 anos: Os Resentidos; e continúa co seu traballo  como produtor. Ademais, participará  na dirección de senllos proxectos audiovisuais con Marcel.lí Antúnez e Hannes Stohr.  Actualmente está inmerso no proceso de creación dun novo libro Outlet e da performance Melancoholemia.

O que fora director da SGAE é definido na nota de prensa como “Escéptico  definitivamente coa vella política institucional, segue dando testemuña sempre que se lle presenta a oportunidade, sobre a necesidade dunha nova política cultural, da propiedade intelectual e, por suposto, da unidade popular".

Comentarios