Reintegracionismo de base pide un 2021 para Carvalho Calero

Trece colectivos subscriben un manifesto no que instan a RAG a que adíe ao ano que vén a homenaxe ao escritor e lingüista.

galego reintegracionusmo

Trece colectivos da Galiza apoian un manifesto polo cal se solicita que o Día das Letras Galegas que este ano se lle dedicaba a Ricardo Carvalho Calero teña como homenaxeado en 2021 ao escritor e lingúista ferrolán ao ser imposíbel homenaxear Carvalho Calero este ano por mor do estado de alarma e pandemia do coronavirus.

Lembran que o reintegracionismo de base acumula máis dunha década de loita por conseguir que o Día das Letras Galegas fose para Ricardo Carvalho Calero. Que finalmente se lle concedese foi, apontam, unha oportunidade para a “socializaçom da sua figura e da sua obra neste 2020, ao asumir a RAG, por fim,  a homenagem que o povo galego deve a um dos seus grandes filhos”.

Estes colectivos opóñense a que o adiamento da homenaxe ao 31 de outubro deste ano sirva para dar por cuberto o Día das letras Galegas. “Nessas datas é praticamente impossível garantir que a figura de Carvalho Calero seja trabalhada e divulgada como deveria ser”, aseguran. 

“Tampouco está garantido que nessa data seja possível nengum tipo de mobilizaçom. Nom imaginamos um Dia das Letras sem a reivindicaçom na rua da defesa do nosso idioma ou sem as muitas atividades culturais que se desenvolvem por todo o País.”

Asinan: Associaçom de Estudos Galegos, BRIGA, Coletivo Terra (Eume), CS A , Gentalha do Pichel (Compostela), CS A Revolta (Vigo), CS Gomes Gaioso (Corunha), CS Fuscalho (Baixo Minho), CS Madia Leva (Lugo), CS O Quilombo (Ponte Vedra), Escolas de Ensino em Galego Semente, Fundaçom Artábria (Trasancos), Local Social Faisca (Vigo) e SCD Condado (Condado)

Comentarios