'O reino suevo de Galicia', o máis visto na web da TVG, estreouse de noite e na segunda canle

O contido máis reproducido na web da Televisión da Galiza en 2019 foi O reino suevo de Galicia, de Simón Casal. A peza foi estreada lonxe dos horarios de máxima audiencia e na segunda canle.
Fotograma do documental 'O reino suevo de Galicia'
photo_camera Fotograma do documental 'O reino suevo de Galicia'

A Televisión da Galiza (TVG) anunciou que o contido máis reproducido na súa rede en 2019 foi o documental de Simón Casal O reino suevo de Galicia. A peza explora, da man das maiores voces expertas —como Anselmo López Carreira, Jorge López Quiroga ou Walter Pohl— o proceso de creación e caída do Reino Suevo da Galiza.

Así, o documental conta nos seus dous capítulos a evolución do primeiro reino medieval de occidente. Porén, ao tempo, reflexiona sobre como se constrúe o propio relato histórico. "Para que serve a historia?", pregunta a voz narradora no epílogo. "O relato sempre é interesado, o cal non quere dicir que sexa falso", afirma María del Mar Marcos, unha das expertas.

"O relato sempre é interesado, o cal non quere dicir que sexa falso", afirma María del Mar Marcos, unha das expertas.

A polémica espertou nas redes sociais porque o título foi estreado 30 de setembro directamente na segunda canle e ás 23.15 horas, afastándoo das horas de máxima audiencia. Esta puido ser a razón que levou as espectadoras a procurar o contido na plataforma dixital da televisión pública. Nos días posteriores á emisión, o documental chegou á portada de Meneame.net, unha das webs máis importantes de contidos hispanos.

Comentarios