Nun acto da Comisión de Cultura do BNG

Rego propón que RTVE contribúa a difundir tamén a cultura galega

un 

REGO E SANMARTIN CON CREADORAS GALEGAS 2 (2)
photo_camera Un momento do acto da Comisión de Cultura do BNG

O candidato do BNG ao Congreso pola provincia da Coruña, Néstor Rego, reclamou hoxe no decurso dun acto da Comisión de Cultura da organización nacionalista "estabilidade e apoio á difusión da creación artística do paísen todos os ámbitos", incluídas, manifestou, "as institucións e os medios de comunicación públicos do Estado, que para iso son financiados tamén cos impostos dos galegos e as galegas". 

Diante dunha nutrida representación de referentes da música, da literatura, do teatro e do audiovisual galego que participaron na Comisión de Cultura do BNG, Rego explicou que “sen esquecer que a cultura é unha competencia exclusiva, e polo tanto a esixencia primeira é ao Goberno da Xunta e aos medios públicos galegos, entendemos que mentres que financiamos a través dos nosos impostos as institucións e os medios públicos de comunicación españois que promoven a lingua e a cultura española, estes teñen a obriga de contribuír a financiar as institucións que promoven e defenden a cultura galega e os medios públicos teñen a obriga de reflectir a realidade cultural galega”, dixo.

Pola súa banda, a candidata á Alcaldía de Santiago, Goretti Sanmartín, puxo en valor a traballo desenvolvido polo BNG en materia cultural desde o concello, lembrando o papel de Rego como concelleiro de Cultura con programas como "Sons da diversidade". "Levamos reclamando lugares de ensaio e hai moitas iniciativa privadas relevantes que merecían unha planificación e mestura de apoio entre o sector público e o privado, planificación, coordinación de espazos, e traer artistas de primeira fila que dialoguen cos creadores locais”, propuxo Sanmartín.

Comentarios