Redondela acolle esta fin de semana o XIX Festival Internacional de Títeres

FIT
photo_camera Un espectáculo dunha edición anterior do Festival Internacional de Títeres

Festiletras 2018

Ponteceso 
Aldea do Couto 
Toda a fin de semana

O Festiletras transforma a Aldea do Couto no epicentro cultural do mes da lingua galega. Con XXXVI edicións ao lombo, o festival continúa medrando e apostando en novas propostas como a Festiciencia, a primeira feira científica de ámbito rural. Cinco días de festival con actuacións musicais, obradoiros, charlas e espectáculos para grandes e pequenos. Nesta edición foron premiadas a escritora Marilar Aleixandre, o humorista gráfico Xaquín Marín, o actor e director Quico Cadaval e a cantante e compositora Sés

O servidor de dous amos

A Coruña
Teatro Rosalía de Castro
Sexta feira
20.30h

Talía Teatro presenta unha revisión do clásico da Commedia dell’Arte, O servidor de dous amos, nunha posta en escena de oito intérpretes e a visión cómica e irreverente da sociedade. 

Xornada Mulleres e Música

A Coruña
Teatro Colón 
Sábado
11.00h-21.30h

Sés, Cora Novoa, Guadi Galego, Diana López Varela, MJ Pérez ou Mar Catarina son algunhas das participantes na xornada promovida pola Deputación da Coruña dentro do programa “A Cultura é un Dereito”.

II Encontro infantil de Cantares Tradicionais

San Sadurniño 
Local Social da Veiga
Sábado
18.30-20.00h

Co gallo das Letras Galegas, a asociación veciñal O Castelo de Naraío, en colaboración coa Rapazada do Saíme, organiza un evento que pon en valor a oralidade e a música tradicional. 

Gala do Libro Galego 2018

Compostela 
Teatro Principal 
Sábado 
19.30h

Na Gala daranse a coñecer as obras gañadoras desta terceira edición dos Premios Gala do Libro Galego, un recoñecemento á excelencia do traballo realizado no ámbito editorial. 

Semana das Letras Galegas

O Barco de Valdeorras
Diversos espazos
Toda a fin de semana

Teatro, conferencia na Biblioteca Delgado Gurriarán sobre María Victoria Moreno, cinema, recital de poesía e máis libros para festexar o Día das Letras Galegas.

XIX Festival internacional de títeres

Redondela
Varios espazos da vila
Toda a fin de semana

Unha cita que presentará 26 compañías nacionais, españolas e internacionais, con roteiros, mostras, concertos e a feira titiriteira para completar a oferta desta edición.

Exposición itinerante de Kalandraka

Oleiros
Bibliotecas Municipais 
Até o 31 de maio 

Unha exposición itinerante de 80 libros infantís e xuvenís publicados pola editorial Kalandraka percorrerá as bibliotecas, así como obras de poesía de Rosalía de Castro, Cabanillas ou Lorca, entre outras.

Comentarios