Un recital este sábado homenaxeará Xela Arias na Casa Rosalía

O evento terá lugar este sábado 29 de maio e consistirá nun recital que reunirá a algunhas das poetas do proxecto ' Daquelas que cantan'.

Xela Arias, á esquerda da imaxe, xunto ás once escritoras que en 1997 formaron parte do proxecto 'Daquelas que cantan' (Museo Casa de Rosalía).
photo_camera Xela Arias, á esquerda da imaxe, xunto ás once escritoras que en 1997 formaron parte do proxecto 'Daquelas que cantan' (Museo Casa de Rosalía).

A Casa-Museo Rosalía de Castro honra este sábado á protagonista do Día das Letras 2021, Xela Arias, cun recital lírico que reunirá a cinco das poetas que en 1997 participaron xunto á escritora sarriá no proxecto ' Daquelas que cantan', un libro-cd editado polo Padroado Rosalía de Castro con motivo do 50 aniversario do seu nacemento.

Este sábado na Casa da Matanza de Padrón daranse citas cinco das once escritoras que hai case 25 anos acompañaron a Arias naquel ' Daquelas que cantan'.

Ese proxecto tivo lugar en torno á creación de poemas dedicados a Rosalía acompañados pola música de Rodrigo Romaní e baixo a dirección de Ana Blanco.

Un proxecto no que participou Xela Arias

Xela Arias foi unha desas once escritoras que particparon no proxecto xunto a Pura Vázquez, Luz Pozo Garza, María do Carme Kruckenberg, Xohana Torres, María Xosé Queizán, Helena Villar, Chus Pato, Pilar Pallarés, Ana Romaní e Yolanda Castaño.

Algunhas delas -Chus Pato, Ana Romaní, María Xosé Queizán, Yolanda Castaño e Pilar Pallarés- estarán xunto a Rodrigo Romaní este sábado en Padrón.

A cita estaba prevista inicialmente para o pasado 8 de maio pero que tivo que ser posposta polo peche perimetral de Padrón debido ao estado epidemiolóxico do municipio coruñés.

O recital poderá seguirse a través da canle de Youtube de Casa-Museo Rosalía de Castro.

Comentarios