Rebeliom do Inframundo e Nao lanzan novos traballos

As bandas de hip-hop e rock en galego presentan cadanseus novos temas. 

Rebeliom do Inframundo_Alberto Lora
photo_camera Rebeliom do Inframundo [Imaxe Alberto Lora]

Lume e Rebeliom e Soñar son os últimos traballos que lanzan Rebeliom do Inframundo e o grupo de rock, NAO. Ambas as dúas bandas veñen de presentar o lanzamento dos seus novos traballos discográficos. 

Rap galego

A banda de hip-hop liderada polo Nervo estreará o novo disco o 23 de abril. Catorce temas nos que mesturan novas sonoridades sen perderen a esencia do rap máis clásico. Rock, reggae, folck e mesmo electrónica danse a man nun disco que conta coa colaboración da viguesa Iria Medranho e do cantor irlandés Brian Brody. 

Como xa é costume, Rebeliom no Inframundo trae letras combativas mais tamén con remerencias amorosas constantes. Un feito que avanzan no deseño gráfico do propio traballo elaborado por Ratona Pérez. Un corazón que fai as veces de cocktail explosivo. 

Entretanto non lanzan o seu primeiro avanzo en forma de vídeo musical deixámosvos Lume, a peza que incorporaban ao traballo colectivo editado pola súa produtora, Língua Nativa, o selo discográfico do rap lusófono. 

Rock do país

Quen si que decidiu estrear vídeo antes de rematar a edición do seu traballo son NAO. A banda de rock de Cuntis, encabezada por Jasper, presentou esta terza feira O sol e a treboada, o primeiro tema de Soñar, o disco co que o grupo inicia a súa despedida e que foi gravado en Son Estudios (Ames) e Garate (Andoain, Guipuzkoa). 

Mais que non cunda o pánico, aínda hai NAO para moito e veñen cargados de forza cun tema íntimo porén, cargado de reivindicación como é costume e pondo na primeira liña a visibilidade das liberdades sexuais. 

Comentarios