Unha receita de Escarlatina

Un ratatouille con sabor literario

O blog de receitas Bolboretas no Bandullo dedícalle unha semana á Escarlatina, a personaxe de Escarlatina, a cociñeira defunta, obra que levou a Ledicia Costas a recibir o Premio Nacional de Literatura Infantil 2015, entre moitos outros recoñecementos.

[Imaxe: Bolboretas no Bandullo]
photo_camera [Imaxe: Bolboretas no Bandullo]

O ratatouille é o prato elixido por blog Bolboretas no Bandullo para homenaxear Escarlatina, a personaxe creada por Ledicia Costas para facer as delicias dos pequenos e non tan pequenos. O blog de receitas ofrecerá esta semana os pasos para elaborar as receitas que se recollen en Escarlatina, a cociñeira defunta, libro gañador do Premio Merlín de Literatura Infantil, do Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil, do Premio Fervenzas Literarias á Mellor Portada de LIX, o Premio Neira Vilas ao mellor libro Infantil e Xuvenil e o Premio Nacional de Literatura Infantil.

Bolboretas no Bandullo decidiu achegar as receitas do libro “porque ademais de nos namorar, non resulta común atopar novelas que fusionen literatura e gastronomía como aquí fai Ledicia”. E é que ao final de cada capítulo, a autora incluíu unha fórmula do receitario de Román, un pequeno que adora a cociña e que polo seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, lles pide aos pais un curso de cociña. O agasallo resultou ser un cadaleito acompañado dun sobre negro que recolle as instrucións para activar Escarlatina, unha cociñeira falecida no s. XIX.

A pasada primavera, Ledicia Costas publicou Esmeraldina, a pequena defunta, unha precuela da obra Escarlatina, a cociñeira defunta.

Comentarios