O rapeiro Valtònyc, no cartaz do Festigal 2018

O músico mallorquí condenado a tres anos e medio de prisión polas súas cancións foi convidado a actuar en Compostela no vindeiro mes de xullo

O Festigal -evento organizado por Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre- adhírese á defensa pola liberdade de expresión e inclúe o rapeiro mallorquí Valtònyc no cartaz deste ano. Como mostra de solidariedade perante as últimas sentencias xudiciais que castigan as críticas ao réxime, o festival convida o músico de xeito simbólico, que aínda debe entrar en prisión para cumprir os tres anos e medio de cadea impostos pola Audiencia Nacional.

 

“A día de hoxe non sei se poderei ir debido a que seguramente xa estea en prisión, mais quería agradecervos o voso compromiso e solidariedade por convidarme ao festival”, explicaba Valtònyc –nome artístico de Josep Miquel Arenas Beltrán– nun vídeo difundido nos perfís sociais do Festigal. “Se non puidese ser, mándovos todas as miñas forzas para que continuedes na loita”, concluía o rapeiro.

Comentarios