Rammstein, Rancid, Dropkick Murphys e Suicidal Tendencies no Resurrection Fest 2017

 O festival de festivais anuncia xa 60 grupos que estarán na súa vindeira edición e pétao nas redes sociais, logrando ser 'trending topic'. Unha cita que reúne desde os Agnostic Front e Terror até Airbourne e Napalm Death

Resurrection

O Resurrection Fest 2017, que terá lugar entre o 5 e 8 de xullo en Viveiro, trae un cartaz de infarto e do que esta quinta feira deu a coñecer o nome de 60 grupos. Desde os alemáns Rammstein até os punks Rancind, pasando polos veteranos do hardcore Suicidal Tendencies, o celtic-punk de Dropkick Murphys ou a bestialidade dos Napalm Death.

Mais a listaxe é completa: os históricos do harcore crossover Agnostic Front, o hard rock australiano de Airbourne, o metal progresivo de Animal as leaders, Terror, Comebak Kid, Archenemy... e moitos máis.

As redes sociais ferveron esta quinta feira a medida que desde 'O Resu' se ía darndo a coñecer algunhas das bandas que estarán en Viveiro o vindeiro mes de xullo. Foi trending topic en varios momentos. 

O Resurrection é un festival de referencia a nivel internacional. Ano tras ano reúne na Mariña miles de persoas para gozar das aristas máis afiadas do rock, desde todas as variedades do metal até o punk e o hardcore. 


 


 

Comentarios