A RAG facilita o acceso a máis de 800 libros e folletos do século XIX

A Real Academia Galega celebra o Día do Libro abrindo un micrositio na Biblioteca Dixital da Galiza, Galiciana, no que poder acceder a obras de Rosalía de Castro e Curros Enriquez, entre outras.


 

Capa da publicación O Tio Marcos da Portela (RAG)
photo_camera Capa da publicación O Tio Marcos d'a Portela (RAG)

A Biblioteca Dixital da Galiza, Galiciana, conta desde agora nun novo micrositio creado pola Real Academia Galega (RAG) para facilitar o acceso a máis de 800 libros e folletos do século XIX. Esta fiestra virtual é a maneira que ten esta institución de celebrar o Día do Libro.

En total son 120.000 páxinas dixitalizadas de acceso sinxelo a edicións históricas de Rosalía de Castro, Curros Enríquez ou Eduardo Pondal.

Referentes bibliográficos

O novo espazo visibiliza a identidade propia deste referente bibliográfico fundamental na cultura e na lingua galegas. Nel atoparemos obras de Rosalía de Castro como Cantares gallegos, A mi madre, El caballero de las botas azules ou En las orillas del Sar ademais de obras de Concepció Arenal, Emilia Pardo Bazán e Sofía Casanova.

O novo micrositio da RAG tamén facilita o acceso dixital a máis dun cento de publicacións periódicas históricas de fondo galego conservadas na hemeroteca da Academia, entre as que figuran O Tío Marcos d'a Portela e revistas editadas pola comunidade galega en América.

Comentarios