Quinta edición de 'Ponme un Poema!'

O poeta Samuel L. París e a cantante Mónica de Nut, en Allariz

“Coa mesma convicción de que poesía está nos bares, volveremos encher de poesía unhas cantas barras”. A partir desta idea, Ponme un poema! leva poemas aos despachos de bebidas espirituosas o sábado 24 de marzo en Allariz. E farao da man de Samuel L. París e a cantora Mónica de Nut.
 

mónica de nut - foto
photo_camera Mónica de Nut

thumbnail_V PONME UN POEMA - CARTEL baixa

Este “roteiro poético pola vila de allariz” arrincará ás oito do serán e parará no Bule Bule, A Migalla, A Despensa do Alarico, o Roi Xordo e mais no Orballo. “Celebramos así en Allariz, unha vez máis e á nosa maneira, o Día Mundial da Poesía”.

Samuel L. París, autor de Inflamable (2012), autodefínese como “mellor defensa central da poesía actual”. Poesía sarcástica, que non fai prisioneiros, relectura do escarnio e o maldizer, “chega a Allariz para resumir en catro recitais o batume da literatura dos últimos 5000 anos e a primeira tempada da serie A Nanny”.

A Mónica de Nut correspóndelle o elemento musical da xornada. “Concerto electroacústico experimental, voz, loops e efectos electrónicos, xogos, improvisación, intuición”, expón a organización do Ponme un poema!. Trátase do espectáculo Vozsoa, “co que racha os límites do dominio da voz e da presencia escénica”.

Comentarios