Do 27 de setembro ao 5 de outubro

Quince longametraxes de quince países compiten no Festival de Ourense

O Festival de Ourense (OUFF, Ourense Film Festival) consuma a súa virada cara ao formato máis clásico iniciada o pasado ano. Quince longametraxes premiadas nos principais certames do mundo competirán na sección oficial do encontro, que desenvolverá do 27 de setembro ao 5 de outubro a súa edición número 24.
exposicion-sempre-xonxa-13
photo_camera Inauguración da mostra dedicada á rodaxe de 'Sempre Xonxa' no Festival de Cinema de Ourense. Foto: OUFF.

“Un festival para a provincia, para a cidade e para o país”, resumiu o seu coordinador artístico”, Miguel Anxo Fernández, “un programa complexo e variado que implique á sociedade ourensá cunha oferta para todos e todas”. En que haberá ademais da mencionada sección oficial, outra dedicada a modalidades curtas -17 curtametraxes e nove videoclips e unha retrospectiva de cinema mexicano.

cartazTres exposicións completarán o corpo central do programa: unha dedicada á rodaxe de Sempre Xonxa no centro cultural Marcos Valcárcel; outra sobre Elisa e Marcela no mesmo lugar; e a terceira sobre ilustracións de Xurxo Oro a partir dos relatos de Memoria erótica de Carlos Velo.

Mais é nas 15 fitas da sección oficial que a organización do festival coloca todos os focos. Incluirá unha das primeiras proxeccións na Galiza de O que arde, de Oliver Laxe, e as últimas obras de Gael García Bernal -Chicuarotes-, Bong Joo-Ho -Parásitos- ou Alejandro Landes -Monos. Son pezas distinguidas en Cannes, Sundance, Bafici, DocsBarcelona ou no South by Southwest.

O festival tamén impartirá talleres de cinema a cargo dos cineastas Xavier Bermúdez, Oliver Laxe e Alberte Pagán. E concederá premios de honra a Vaca Films, o actor francés fillo de emigrantes galegos José García, ao director Norberto López Amado e ás actrices Cristina Castaño e María Bouzas.

Comentarios