Quico Cadaval únese á Sinfónica para contar Historias do Mar

O artista poñerá voz á lenda de ‘O holandés errante’, de Wagner, e transladará o público ao mar entre cada un dos ‘Catro interludios mariños’, de Britten. 

Quico Cadaval.
photo_camera Quico Cadaval

A importancia do mar no noso país é inmensa. O mar dá vida, mais tamén a leva. O que si que deixa son historias, que serán desveladas esta sexta ás 18:00h no Palacio da Ópera. Baixo o nome de ‘Historias do mar’, a Orquestra Sinfónica da Galicia, dirixida por Diego García Rodríguez, outro do Barbanza, presenta unha nova proposta didáctica dentro do programa educativo ‘Son Futuro’, baseada na importancia que ten o mar para Galiza. 

Para iso, contará coa colaboración de Quico Cadaval, quen poñerá voz á lenda do buque pantasma da obertura de ‘O holandés errante’, de Richard Wagner e levará ao público asistente ao mar despois de cada un dos ‘Catros interludios mariños’, de Benjamin Britten, a partir de imaxes mitolóxicas e historias vencelladas ao mar . Ademais, as e os escolares poderán desfrutar de diversas representacións didácticas e de concertos para a familia arredor da temática mariñeira. 
 

Comentarios