Quedada popular para debuxar na Praza do Humor da Coruña en homenaxe ás vítimas do Charlie Hebdo

A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda convoca para este domingo día 11 de xaneiro ás 12.30 unha quedada popular na Praza do Humor en homenaxe ás vítimas do atentado do Charlie Hebdo. 

CharlieHebdo
photo_camera CharlieHebdo

Trae o teu lapis para debuxar pola liberdade, a tolerancia e a paz”, lese no cartaz con grande titular de “Nós somos Charlie” co que a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda convoca unha quedada popular o vindeiro domingo 11 de xaneiro ás 12.30 horas para debuxar na Praza do Humor en homenaxe ás vítimas do Charlie Hebdo. 

Despois de destacar a coincidencia do atentado co aniversario da morte de Castelao e lembrar a barbarie que debuxara no álbum Galiza Mártir, a Alexandre Bóveda defende que “avanzar no coñecemento, no ensino, na cultura, no respecto e nas liberdades é a mellor maneira d honrar ás persoas do Charlie Hebdo, que heroicamente mantiveron a bandeira da liberdade de expresión até as últimas consecuencias”. Co acto convocado para o vindeiro domingo, o debuxo colectivo na Praza do Humor, queren reivindicar homenaxear ás vítimas do Charlie Hebdo e reivindicar na Coruña “a súa memoria e a liberdade de expresión”. 

Comentarios