domingo 05.07.2020

Purificármonos no solsticio de verán

É a noite máis curta do ano. O solsticio de verán vénse celebrando desde o pasado máis remoto e, desde entón, son milleiros as fogueiras que iluminan o 23 de xuño o mapa da Galiza. O San Xoán, festa de orixe pagá, forma parte da tradición e do patrimonio cultural. Poucas celebracións teñen tal nivel de implantación e enraizamento popular, ademais da rica e vizosa tradición histórica. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 301.

Purificármonos no solsticio de verán

5Salto por riba

do lume de san Xoán,

para que non me morda

cadela nin can

nin bicho vivinte

que ande polo chan

Cóntanse por ducias os refráns e as cantigas que beben do San Xoán, unha das festas máis populares das que se celebran na Galiza. Catarse colectiva, é esta unha cita ancestral que amalgama elementos animistas, panteístas, celtas, gregos e romarnos. As cacharelas; as Herbas de San Xoán; as sardiñas molladas no pan de millo; o roubo de cancelas… fan parte da linguaxe simbólica dunha data de socialización, non só entre persoas, senón tamén coa entorna, coas especies vexetais e animais e, sobre todo, co pasado. Unha data na que a dualidade ben/mal cobra o máximo significado.

A cristianización bautizou o solsticio de verán como San Xoán (polo nacemento de Xoán o Bautista), unha festividade eminentemente popular. Que sexa a xornada de máis sol e, por ende, de máis luz implica que sexa considerado o día máis sagrado do ano. Deste feito derivan boa parte das características do San Xoán, segundo explica, en declaracións a Sermos Galiza, o antropólogo Xosé Ramón Mariño Ferro, “considerábase o día máis santo do ano por ser o de máis luz”.

A respecto do San Xoán, o profesor da USC sinala que serve de modelo para dar conta das festas católicas, “todas posúen o mesmo esquema: teñen a véspera, onde se ritualiza o mal, que se enfronta ao ben e o ben maniféstase o día santo”. “O día anterior teste que purificar para entrares no día sagrado e os medios de purificación por excelencia son o lume e a auga”, engade.

[Podes ler a peza íntegra no Sermos Galiza 301, á venda na loxa e nos quiosques]

comentarios