Publican a edición dixital dun caderno sobre as folgas do ferrocarril e a proclamación do Estado galego en 1931

A obra titulada “As folgas do ferrocarril de 1931 e 1930. Protestas, solidariedade popular e declaración do Estado galego” foi editada por FESGA e pode visualizarse ou descargarse gratuitamente.

A Fundación para o estudo e divulgación da cuestión social e sindical en Galiza (FESGA), vencellada á CIG, publicou hoxe no seu sitio web (www.fesga.org) a edición dixital dun caderno dedicado ás folgas que culminaron na efémera proclamación do Estado galego a principio da década dos 30 do pasado século. No web pode visualizarse e descargarse gratis a obra.

Titulada “As folgas do ferrocarril de 1931 e 1930. Protestas, solidariedade popular e declaración do Estado galego”, a publicación, elaborada ao abeiro dun convenio de colaboración coa deputación da Coruña, fai un sucinto percorrido sobre os feitos que marcaron un dos períodos de maior conflitividade social no noso país e debulla a estreita ligazón dese proceso co avance da conciencia nacional galega.

Comentarios