O Día das Letras2017 no Sermos251

Os "proxectos fermosos" de María Vitoria Moreno

As persoas están feitas para levar adiante os proxectos máis fermosos, escribiu María Vitoria Moreno en Anagnórise (Galaxia, 1988). Proxectos fermosos que tamén nos deixou ela e que se conmemorarán ao longo de 1918, ao ser a escritora homenaxeada no Día das Letras do ano que vén. Coñecémola máis a fondo da man de Fina Casalderrey e de Marilar Aleixandre. Deixamos aquí un extracto da información publicada no semanario Sermos Galiza.

mariavictoria

María Vitoria Moreno, a escritora eleita pola Real Academia Galega para conmemorar o Día das Letras Galegas 2018 e cuxo nomeamento xa fora adiantado por sermosgaliza.gal, naceu en Valencia de Álcantara (Cáceres) en 1941. O seu nome pasará á historia canda o de Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera (1987) e María Mariño (2007), as catro mulleres distinguidas co Día das Letras Galegas, máxima honra á que poden aspirar as creadoras e creadores da literatura galega.

Para Fina Casalderrey, académica e amiga da homenaxeada, “é unha cuestión de xustiza, non de cota”. “Hai moitas persoas merecentes desta honra, mais as mulleres tamén son persoas e é de xustiza, como escritora, novelista, narradora de LIX, pioneira na narrativa tanto infantil como xuvenil”, engade. Unha literatura infantil e xuvenil en eclosión que contaba coas plumas de Manuel María, Carlos Casares, Bernardino Graña ou Xohana Torres. E tamén coas da propia Fina Casalderrey e de Marilar Aleixandre. “Seguro que ela non diría síntome abrumada. Como se a estiver vendo, diría vale, penso que o merezo, sexa muller ou home, non e ningunha hipérbole”.

5“María Vitoria foi unha estremeña que quixo, por vontade propia e por unha historia de amor con Galiza, a cultura galega e o galego, facerse de aquí”, explica a súa amiga, “foi chegar, en 1963, e poñerse á favor xa da causa”. A súa soltura, cóntanos, foi “absoluta”. Tanta que a levou a impartir uns cursos clandestinos de galego polos que lle foi retirado o pasaporte en 1975.

[Podes ler a información íntegra no Sermos Galiza 251, á venda na nosa loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais no país]

Comentarios