Charla sobre o aproveitamento da castaña
San Sadurniño
15.11.2019
16.30 a 20.30 horas
A Casa da Xuventude de San Sadurniño acolle unha charla sobre o aproveitamento da castaña, froito que está a se converter nun produto de luxo debido ao seu alto prezo no mercado. Da man da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, informarase do aproveitamento sostíbel dos soutos para castaña coa finalidade de promover esta produción. Será na sexta feira, 15 de novembro, entre as 16.30 e as 20.30 horas. Inscrición previa no Concello, 981490027, ou na Oficina Agraria Comarcal de Ferrol, 981337043.
12 doces do outono
Compostela
Diversos espazos
17.11.2019
Remata o ciclo 12 doces do outono con diversas actividades espalladas pola cidade, unha aposta pola programación familiar, que xunta as artes escénicas coa gastronomía propia da estación. Pola mañá, o Centro Sociocultural de Santa Marta acollerá Cyclo, de El Callejón del Gato, e, pola tarde, no CSC de Bornais, Príncipes e princesas, de Os Contos de Pablísimo; e no CSC do Ensanche, A tortoise, un can, two monsters e un pícnic, con Pérez & Fdez.
Cantamúsica
Carballo
Biblioteca Rego da Balsa
15.11.2019
18.00 horas
Trátase dun obradoiro musical que imparten Pablo Díaz e Olga Kirk para crianzas de entre tres e oito anos. Un concerto-obradoiro de contos, música e xogos.
Bicho á vista!
Pontevedra
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
15.11.2019
18.00 horas
Esta sesión de contacontos con Raquel Queizás é para xogar con bichos que existen e outros que non para crianzas a partir de tres anos.
Idiota
Cangas
Auditorio Municipal
16.11.2019
21.00 horas
Redrum Teatro leva a escena este espectáculo teatral, unha comedia negra cargada de suspense e afinada crítica social.
Gala Lírica "Homenaxe Andrés Gaos"
Compostela
Auditorio de Galiza
16.11.2019
20.30 horas
Gala Lírica da Banda Municipal de Música e o Coro Liceo de Vilagarcía, baixo dirección de Casiano Mouriño e Sonia Bouzada e Alexandra Tarnicero (soprano).
Concerto
Outeiro de Rei
Casa-Museo Manuel María
16.11.2019
20.00 horas
Brais Morán, músico con influencias funk, rock, música brasileira, africana e tradicional galega, ofrecerá un concerto íntimo e en solitario dos seus diferentes traballos.
Vida de Cans
Vimianzo
Auditorio da Casa da Cultura
16.11.2019
20.00 horas
A compañía teatral Talía representa a obra Vida de Cans, unha comedia metafórica para completar sábados culturais de outono.
IX Magosto e Mostra de Artesanía
Laxe
Pavillón Polideportivo Municipal
17.11.2019
17.30 horas
Rincón con xogos, obradoiros de artesanía, concertos e mostra de artesanía xúntanse ao tradicional reparto de castañas para festexar o magosto.