Profesionais do teatro da Lusofonía partillan experiencias e ideas en Compostela

Compostela acolle estes días o III Encontro Internacional de Políticas de Intercambio no Ámbito das Artes Escénicas, que conta coa participación de máis de 50 profesionais de Galiza e outros oito países da lusofonía

Compostela acolle estes días o III Encontro Internacional de Políticas de Intercambio no Ámbito das Artes Escénicas, que conta coa participación de máis de 50 profesionais de Galiza e outros oito países da lusofonía (Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea Bissau, Mozambique, Portugal, San Tomé e Príncipe e Timor-Leste).

O Centro Dramático Galego e a Cena Lusófona, asociación para o intercambio teatral entre os países que comparten o portugués como lingua oficial, desenvolven esta terceira edición das xornadas, inseridas así mesmo no programa de actividades da Semana de Portugal na exposición Gallaecia Petrea que ten lugar na Cidade da Cultura. A súa finalidade é ofrecer aos participantes, entre os que se atopan representantes dos ámbitos público e privado, un espazo de traballo para o intercambio de experiencias e o achegamento de posturas cara ao desenvolvemento de novos proxectos culturais.

O encontro articúlase arredor de mesas redondas, debates, presentacións e actividades paralelas

Comentarios