Os primeiros xornais en galego (1840-1912): 'O Galiciano'

Foi o organizador colectivo do grupo rexionalista de Pontevedra. Fundado nesta cidade en 1884 e dirixido nunha primeira etapa polo funcionario público, escritor e xornalista Rufino Rivera, sucedido na súa responsabilidade nun segundo período polo tamén funcionario e escritor Rogelio Lois, mantívose como un xornal monolingüe ao longo de toda súa existencia. Os seus contidos responderon á orientación das publicacións da corrente social protonacionalista da que fixo parte, destacando pola súa firme defensa da lingua e da creación cultural en galego, a súa denuncia do caciquismo, como exemplo máis definitivo da democracia desvalorizada do réxime político da I Restauración borbónica e a súa critica ás condicións de vida das maiorías sociais do país.
Cabeceira de 'O Galiciano'. (Foto: Biblioteca da Galiza)
photo_camera Cabeceira de 'O Galiciano'. (Foto: Biblioteca da Galiza)
Amor ao país e a todo canto lle é propeo  "O amor á terra en que nascimos -dicía o inolvidabre Vesteiro Torres- é unha lei da eisistencia". Esta apreciación do ilustre esquirtor, podería…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios