Os primeiros xornais en galego: 'A tía Catuxa'

Significou unha nova xeira da prensa rexionalista en Pontevedra. Continuador do semanario O Galiciano e impulsado polo seu núcleo promotor, estivo dirixido nunha primeira etapa polo funcionario público, escritor e xornalista Rufino Rivera e nunha segunda polo tamén funcionario e escritor Francisco Portela Pérez. Publicación monolingüe en galego, nos seus escasos dous anos de vida, os seus contidos responderon á orientación das publicacións da corrente social protonacionalista, destacando pola súa firme defensa da lingua e da creación cultural en galego, a súa denuncia do caciquismo, a impugnación das bondades da emigración e a súa critica ás condicións de vida das maiorías sociais do país.
Cabeceira de 'A Tía Catuxa'. (Foto: Biblioteca da Galiza)
photo_camera Cabeceira de 'A Tía Catuxa'. (Foto: Biblioteca da Galiza)
Mui agradecida Amiguiños da miña alma: Nunca saberei como pagarlles tanta venebolencia, tanto favor hastra agora inmerecido. Tódolos exemprares que da mina estampa se imprentaron o domingo…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios