Os primeiros xornais en galego: 'O labrego'

Subtitulado Somanario d'intreses rexionales e literatura, esta publicación monolingüe en galego apareceu en Lugo o 8 de xaneiro de 1891, doce días após o derradeiro número d'A Monteira coa que comparte subtítulo. As dependencias da redacción e a administración estaban no baixo, número 10, da rúa Palacio. Saía á luz os días 1, 8, 16 e 24 no obradoiro de Xerardo Castro Montoya, na mesma localización das dependencias da cabeceira. Constaba de oito páxinas, tamaño folio. Na última, destinada a anuncios, ofertábase a entrega do poemario Contos de todol-os cores, de Ángel Vázquez Taboada, a quen pagase por adiantado o importe dun ano.
Detalle da cabeceira do número un do semanario 'O Labrego'. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Detalle da cabeceira do número un do semanario 'O Labrego'. (Foto: Nós Diario)
O noso porgrama Que ven a facer O labrego ? -dirán os nosos leutores . Pois duas palabriñas e conto acabado. O labrego, sin representar bandería políteca algunha, ven a defender os…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios