Os primeiros xornais en galego: 'A Gaita Gallega'

Foi unha publicación moi popular entre as galegas e os galegos residentes na illa de Cuba. Fundada e editada na Habana baixo o impulso e dirección de Ramón Armada Teixeiro e Manuel Lugrís Freire, significouse por ser a primeira publicación en lingua galega da emigración, mantendo o seu compromiso co idioma ao longo de toda a súa existencia. Situada nas posicións doutras publicacións contemporáneas, como O Tío Marcos d'A Portela ou o Galiciano, acolleu nas súas páxinas colaboracións dos máis importantes escritores galegos do momento. A carón dunha clara vontade literaria destacou polo seu inequívoco compromiso patriótico, concretado na súa defensa da identidade galega mais tamén dos problemas que afectaron naquela altura o país.
Cabeceira de 'A Gaita Gallega'. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Cabeceira de 'A Gaita Gallega'. (Foto: Nós Diario)
A fala gallega Se nos fixamos un pouco na storía e desenvolvemento da nosa lingua , que ven a ser a storia da literatura e polo mesmo a medida da sabidencia do pobo, entenderemos sin moito…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios