Os primeiros xornais en galego: 'O Antroido'

A prensa betanceira iniciárase en 1883 con El Censor, da man dos estudantes Fernando García Acuña (autor do poemario Orballeiras) e Roque Ponte Peña. Tres anos despois, no outono de 1886, saía O Antroido, que foi o cuarto dos periódicos que apareceron na antiga capital da provincia do seu nome. Este periódico semanal sería o primeiro publicado en Betanzos integramente en lingua galega, incluídos os anuncios, seguindo o roteiro de O Tío Marcos d'A Portela (Ourense, 1876), que continuaba a publicarse, ao igual que o pontevedrés O Galiciano. Outra novidade, á parte da lingua, é a incorporación dun gravado fixo na cabeceira, que quizais faga alusión ás carautas e disfraces do Antroido.
Cabeceira de  'O Antroido'. (Foto: Arquivo municipal de Betanzos)
photo_camera Cabeceira de 'O Antroido'. (Foto: Arquivo municipal de Betanzos)
I. Bando Eu, o Antroido, Amo e Señor do mundo dos tolos-cordos; Rei da diversion e das carantoñas; Presidente de todalas mesas en que se comen graldumeiradas, porco e outros peixes; Gastrónimo…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios