Os primeiros xornais en galego (1840-1912): O Vello do Pico-Sagro

Hai 161 anos, 3 de marzo de 1860, aparece na Coruña, asinado por Mingos Gallego, O Vello do Pico-Sagro. A impresión fíxose na Emprenta do Hespicio Previncial. Consta de catro follas, a dúas columnas, coa ilustración do Pico-Sagro nos tres primeiros números. Como O Seor Pedro, tratado no fascículo de onte, podemos consideralo máis un exemplo  de protoxornalismo. Ten como tema a campaña militar das tropas españolas en Marrocos durante os primeiros meses de 1860,  inserindo a partir de aí información e opinións sobre temas de actualidade daquel momento quer política española quer de fóra dela combinando todo con lendas ou personaxes de lenda das terras da Ulla. Deixa de se publicar o sábado 28 de abril dese mesmo ano.

vello pico sagro
N o Pico-Sagro famoso a últema romaría do Santo San Bastian hoube moitísma familia. Ali se atoparon homes  de toda a nosa Galicia  cabaleiros, labradores pastranas e siñoritas.…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios