Os primeiros xornais en galego (1840-1912): O Tío Marcos da Portela

Foi a publicación máis popular na Galiza dos anos iniciais da I Restauración. Fundada e editada en Ourense polo escritor, poeta e xornalista Valentín Lamas Carvajal, vai vivir tres etapas durante a súa longa existencia, mantendo en todas elas un compromiso sen concesións coa cultura e a lingua galegas. Situada en posicións de avanzada social, na liña da corrente social protonacionalista da que fixo parte, destacou pola crítica ao réxime político da I Restauración borbónica, cuestionando a súa ausencia de calidade democrática, concretada na denuncia ao caciquismo, e combateu as inxustizas contra os sectores populares do país, exemplificada na defensa dos labregos como fracción maioritaria das clases traballadoras.
O-Tío-Marcos-da portela
"Ós meos compañeiros de monteira" Eiquí me tedes tan prantado como Dios me deu, co-ista cara de home de ben, pois é necesairo que sepiades que eu son un gallego enxebre; tan enxebre cal os do…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios