Primeiro encontro Freixanes-Feijoo con reivindicacións económicas


O recén estreado presidente da RAG prometera un encontro co presidente da Xunta para achegar posicións, logo de anos de distancia por mor do Decreto de Bilingüismo. E tivo lugar onte, quinta-feira. 

freixanes-feijoo-boa
photo_camera Un momento da xuntanza

A Xunta non deu máis que conta fotográfica do encontro, ao que asistiron, ademais dos dous presidentes, o conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez, e os membros da executiva da RAG,  Fina Casalderrey, Henrique Monteagudo e Andrés Torres Queiruga. 

O orzamento anual da RAG é notablemente inferior aos da Euskaltzaindia ou do Institut d’Estudis Catalans, din desde Tabernas

Quen si achegou detalles da xuntanza foi a Academia quen definiu a reunión como "cordial" e na que se falou de "defensa da lingua e da posibilidade de desenvolver proxectos concretos a prol do seu estudo, uso e difusión". 

O novo presidente tamén aproveitou  a Xuntanza para reivindicar un maior apoio público da RAG, dado que, explicou, o seu orzamento anual é notablemente inferior aos da Euskaltzaindia, a Real Academia da Lingua Vasca, e o Institut d’Estudis Catalans. E tamén lembrou que para que a Academia poida desenvolver o seu labor a prol da lingua e da cultura galegas o seu orzamento “necesita reforzarse, con axudas públicas e con apoios da sociedade civil”. 
 

Comentarios