Elfos, espadas láser e moito máis nas primeiras xornadas dixitais de rol en galego

Terán lugar o sábado e o domingo na canle de discord Vas Dado e inclúen diferentes partidas de xogos como Ryuutama, Fate Acelerado ou Lasers & Treason
Imaxe de Ryuutama.
photo_camera Imaxe de Ryuutama.

Os días 6 e 7 de febreiro van ter lugar as primeiras xornadas dixitais de rol en galego. Será no servidor de Discord Vas Dado, nun evento que inaugurará tamén o primeiro servidor de rol integramente en galego.

“Non importa o teu nivel de galego, ou a túa variante, ou normativa, ou canta experiencia tes xogando ao rol”, advirten desde a organización. Animaban desta maneira a participar a todo o mundo, se ben as inscricións das partidas xa están fechadas. Porén, non é tarde para formar comunidade.

As partidas que se xogarán o sábado son de Ryuutama, co título O príncipe Dragón. Os elfos das estacións; de Lasers & Treason, co nome Tren silandeiro; de Ecos Disonantes, con O atraco; e de Cultos Innombrables, chamada Unha pérdida de tempo.

O domingo veremos Fate Acelerado con Star Wars: Tango Squad; D&D 5e con Susurros do Bosque Perdido; e Dungeon World con Tamborís en Bethlehem.

Todas as partidas de Vas Dado usan ferramentas de seguridade.

Comentarios