A primeira homenaxe a Fernández Paz, no norte

Os seus achegados en Ferrolterra, Eume e Ortegal organízanlle ao escritor chairego a súa primeira homenaxe logo do seu pasamento o pasado xullo. Será o vindeiro 17 de febreiro no Auditorio de Ferrol. 

1377598566904AgustinFernandezPaz-DistritoXermar-2013-02
photo_camera Agustín Fernández Paz [Foto: Distrito Xermar]

Antigos compañeiros e compañeiras súas do colectivo Avantar, asociacións culturais e concellos organizan o vindeiro 17 de febreiro un acto de homenaxe que leva por título 'O rastro que deixamos'. Será a primeira homenaxe que se lle faga ao escritor, aínda que noutras latitudes tamén andar a argallar outros actos na súa honra. 

Na gala proxectaranse diferentes partes dun documental sobre as súas vivencias na zona de Ferrolterra e haberá actuacións musicais da man de Guadi Galego, María Manuela, Xabier Díaz, BellónMaceiras, Mini e Mero, Miro Casabella e A Banda da Loba. A entrada é de balde previa retirada de convites. 

Proxectarase un documental sobre as súas vivencias na zona de Ferrolterra e haberá actuacións musicais da man de Guadi Galego, María Manuela, Xabier Díaz, BellónMaceiras, Mini e Mero, Miro Casabella e a Banda da Loba.

A organización do acto lembra cando Fernández Paz chegou a Mugardos a finais dos anos 70. "Son multitude as persoas amigas que deixou nesta zona, ás que sempre tivo no corazón", indican. "A súa pegada queda tamén nos nosos e nos de tantos colexios, institutos e entidades culturais que puideron contar sempre coa súa desinteresada e afectiva colaboración". 

Agustín Fernández Paz (Vilalba 1947 - Vigo 2016) traballou no colexio Unión Mugardesa, do que posteriormente foi director. Alí tamén particippi activamente nas diferentes edicións das Xornadas Pedagóxicas de Mugardos e desde alí promoveu, canda outras persoas mestras da zona, a creación do Grupo Avantar, movemento de renovación pedagóxica que, xunto con outros do país, daría orixe posteriormente –no 1983- á actual Nova Escola Galega.

Tamén desde Ferrolterra, indican, "colaborou na edición de múltiples materiais didácticos, maiormente editados por Edicións Xerais, colaboración que durou até practicamente a fin dos seus días, e foi un loitador incansable pola defensa da normalización da nosa lingua e por unha educación renovada e galega". Lembran tamén que foi neste comarca "onde empezaron a xurdir as súas primeiras obras, que logo acadarían cumes literarios no ámbito da LIX nunca antes vistos na nosa lingua".