Preestrea en Compostela da miniserie

Primeira ficción audiovisual sobre Rosalía de Castro

A primeira versión audiovisual en ficción da vida de Rosalía de Castro, Contou Rosalía, preestréase esta sexta feira en Compostela. Trátase dunha miniserie sobre a estadía madrileña da poeta coa actriz luguesa Melania Cruz no papel da autora de Follas Novas.
 

melania cruz como rosalía
photo_camera Rosalía de Castro interpretada pola actriz Melania Cruz.

Zenit Televisión produciu Contou Rosalía para a TVG. Dirixiuna Zaza Ceballos con guión de Raúl Veiga. Ademais de Cruz, participan actrices como Ledicia Sola, Tamara Canosa, David Perdomo, Fran Lareu -que intepreta a Manuel Murguía- ou Celso Parada.

A serie está ambientada no Madrid de mediados do século XIX, onde a escritora o seu primeiro libro, La Flor, e onde casou con Manuel Murguía. A produtora Zenit traballou antes ficcións sobre figuras como Emilia Pardo Bazán, Juana de Vega e Concepción Arenal.

A preestrea de Contou Rosalía será esta sexta feira, 11 de maio, no Auditorio de Galiza de Compostela ás sete e media do serán.

Comentarios