Unha Primavera na que todo o mundo ilumina

Velas, candeas, lanternas... a comisión de festas da Feira da Primavera do barrio de San Pedro fai un chamamento á xente que asista a traer a súa propia luz incorporada. A decisión do goberno do PP de non proporcionar o enlace de luz resólvese con concertos acústicos e a colaboración de canta máis xente ilumine, mellor.

paraugas

Ukestra do Medio, Blues do País e Habelas Hainas tocarán en acústico porque, definitivamente, na Feira da Primavera do barrio compostelán de San Pedro, non vai haber enerxía eléctrica aínda que sí #luzpropia, a palabra forza que estes días se repite na rede e na que a veciñanza vai plantar cara ao goberno de Agustín Hernández contribuíndo á festa con candeas, lanternas ou velas. 

Máis de 200 postos de venda instálanse ese sábado na Rúa de San Pedro, un barrio en pleno movemento no que, ao longo do día se desenvolverán máis de vinte actividades, entre concertos, maios, pasarrúas, roteiros ou obradoiros. O convite a traer a #luzpropia estendese tamén a portar paraugas de cores -dado que o día promete chuvascos intermitentes- que farán do barrio un arco da vella. 

Pola tarde haberá actividades para nenos e nenas coa actuación de Peter Punk, espazo de xogos infantís ou arquitectura para rapaces. 

Comentarios