Preséntase a obra gañadora do IV Concurso Balbino de Relatos

Pablo Nogueira presenta en Lalín a sexta feira 27 de decembro B.S.O. Banda Sonora Orixinal, obra gañadora do IV Concurso “Balbino” de Relatos.
Pablo Nogueira
photo_camera Pablo Nogueira

A Biblioteca Municipal Varela Jácome de Lalín acolle a sexta feira 27 de decembro, ás 20 horas, a presentación de B.S.O. Banda Sonora Orixinal, de Pablo Nogueira, libro gañador do IV Concurso “Balbino” de Relatos.

O acto contará coa presenza do profesor e escritor Xoán Carlos García Porral; a tamén profesora e escritora Charo Golmar; o presidente da Fundación Xosé Neira Vilas, Fernando Redondo; a concelleira de Cultura do Concello de Lalín, Begoña Blanco; e o autor do libro, Pablo Nogueira.

A música vertebra e estrutura B.S.O. Banda Sonora Orixinal, por cuxa partitura discorren a modo de notas discordantes unha serie de personaxes cun certo pasado pero cun incerto futuro, sempre tentando encaixar nos espazos e nas liñas xustas do pentagrama. Os capítulos sucédense coma escenas dun filme, artellando a unión do visual e o musical nun marco xeográfico particular e nun contexto social moi concreto.

Comentarios